Limpeza de parque infantís

683

O Concello abrirá nas próximas horas os parques infantís, as pistas polideportivas e a área canina, espazos públicos que permanecían pechados durante o estado de alarma.

Durante estes días realizáronse labores de desinfección en todas estas zonas. O Concello instalará paneis informativos nos que se fará especial fincapé na necesidade de manter as distancias sociais, o uso de máscaras ou de hidroxeles.