O Concello abre o prazo de inscrición no servizo de comedor e madrugadores/as para o próximo curso escolar

1049

O Concello abriu o prazo de inscrición, ata o 1 de xullo, no servizo de comedor e madrugadores para o próximo curso escolar. As inscricións deberán realizarse nas oficinas municipais de Servizos Sociais, praza do Emigrante número 1, en horario de nove da mañá a dúas da tarde.

Para descargar o modelo de solicitude de praza do comedor escolar 2019 prema aqui

Para descargar o modelo de solicitude de bonificación do comedor e madrugadores 2019 prema aquí

Para o próximo curso escolar mantense un prezo de 69,30 euros se o servizo se soliclita para toda a semana, é dicir, todo o mes; 55,44 euros para catro días á semana; 41,58 euros se se usa tres días á semana; 27,72 euros se son dous días; e de 13,86 se se fai un día á semana. Para o alumnado que necesite o servizo de forma esporádica o prezo é de 5,77 euros. Todos estes prezos calcúlanse co IVE incluído.

Tamén se abriu o prazo de inscrición para o servizo de madrugadores/as, no que existe a posibilidade de contratalo con ou sen almorzo. Para todo o mes con almorzo o prezo é de 36,57 euros. Do mesmo xeito que o de comedor, en función dos días de uso, o prezo varía. Días esporádicos fíxase nos 2,20 euros. Para sen almorzo, o prezo mensual é de 26,25 euros, mentres que un día esporádico é de 1,76 euros.

Sobre estes prezos, o Concello realizará bonificacións en función dos criterios de axudas establecidos, que terán que ser solicitadas polas persoas interesadas no momento de efectuar a inscrición.