O Concello concédelles o distintivo Muller Emprendedora a 10 mulleres que iniciaron a súa actividade durante o 2021. Galería de imaxes

265
O acto de entrega dos distintivos tivo lugar o pasado venres 11, presidido pola alcaldesa, María Barral

O Concello de Betanzos recoñece o labor emprendedor de 10 mulleres que decidiron abrir un negocio o ano anterior. Entre elas están empresas de axuda no fogar, negocios de confección e reparación de tecidos, locais de hostalaría, salóns de estética e unha tenda de produtos ecolóxicos.

A concesión do distintivo Muller Emprendedora 2021 forma parte da programación ao redor do 8 de marzo e da conmemoración no municipio betanceiro o Mes da Muller.

O acto de entrega dos distintivos tivo lugar o pasado venres 11, presidido pola alcaldesa, María Barral, quen destacou o programa coma un espazo de encontro  entre as propias emprendedoras, de cara a establecer lazos de colaboración e de apoderamento feminino.

Os novos negocios son: A tu lado. El rincón de Jenny, Happy Brow, La Travesía, Lorena Estética y Belleza, Los Picapiedra, Menc Atelier, O bo lecer, O Ekolar e Salón de estética Lilian Warren.