O Concello de Betanzos abre o prazo para que os locais de hostalaría e de ocio nocturno se adhiran ao protocolo de colaboración fronte ás agresións sexuais.

5

Dentro do programa municipal de prevención comunitaria Con-sentido, xorde a iniciativa Betanzos en violeta, un protocolo de colaboración fronte ás agresións sexuais nos espazos de ocio nocturno.

A administración local, consciente de que o empresariado da hostalaría e do ocio nocturno pode ter un papel fundamental na prevención e na actuación neste tipo de casos dentro dos seus establecementos, ofrece unha ferramenta que pretende servir de guía para crear espazos de lecer seguros e confortables.

A aqueles locais adheridos entregaráselles, entre outros materiais, un adhesivo que acredita que se trata dun espazo comprometido con este protocolo, e polo tanto, un lugar no que non se toleran este tipo de violencias.

O prazo de adhesión estará aberto ata o venres 3 de xullo, e poderá realizarse contactando cos servizos sociais municipais no 981.77.07.07 ou premendo AQUÍ