“Betanzos Acompáñate”, o programa municipal para combater a soidade non desexada, xa está dispoñible na web do Concello.

19

O programa contra a Soidade non desexada Betanzos Acompáñate está aloxado na páxina web do Concello. Integrado nos programas dos Servizos Sociais Comunitarios Específicos consta dun Díptico informativo e un Formulario para as persoas interesadas en participar.

Para información máis detallada pódese consultar na mesma páxina ou chamando ao 981 77 07 07.

Para máis información preme AQUÍ > servizos sociais comunitarios especificos > Betanzos acompañate