O Concello de Betanzos homenaxea a Xesús Fraga, Premio Nacional de Narrativa 2021. Galería de imaxes

485
O Concello de Betanzos homenaxeou o pasado 9 de novembro, ao seu veciño Xesús Fraga, recentemente galardoado co Premio Nacional de Narrativa pola súa obra “Virtudes (e misterios)”
O xornalista foi recibido no consistorio pola alcaldesa, Maria Barral, onde firmou o libro de honra do Concello e foi agasallado cun cadro coa imaxe da vila.