O Concello de Betanzos informa dunha modificación na programación das visitas guiadas correspondentes ao ciclo “Primavera 2026”, organizado pola Oficina de Turismo.
Debido a un cambio de axenda, a visita temática “Betanzos na mirada dos artistas”, inicialmente prevista para o 25 de abril, trasládase ao sábado 9 de maio ás 11:00 horas, visita na que ainda quedan prazas dispoñibles.
Estas visitas, de carácter gratuíto e con prazas limitadas, forman parte da oferta turística e cultural do municipio, orientada a poñer en valor o patrimonio histórico, artístico e etnográfico de Betanzos e a súa contorna.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través da Oficina de Turismo, situada na Praza de Galicia, ou mediante as canles habituais de contacto.
Desde o Concello anímase á cidadanía a participar nestas actividades, que contribúen a unha mellor comprensión e difusión da riqueza cultural da cidade.












