Durante as xornadas do venres 11, o sábado 12 e o domingo 13 o Concello de Betanzos tivo operativo un punto violeta na Praza Irmáns García Naveira.
O venres e o sábado o horario estableceuse de 22:00 a 01:00 horas, e na xornada dominical a apertura foi de 20:00 a 23:00 horas.
Ademais de ofrecerse información e asesoramento no relacionado coas agresións sexuais e outras violencias machistas, desenvolveronse tamén actividades de dinamización para toda a poboación, tales como un panel participativo no que recoñecer situacións de risco e achegar mensaxes a favor da igualdade.
Para afondar nesta labor de sensibilización, todas as persoas que se pasen polo punto violeta e se inscriban, poideron participar no sorteo de 3 libros con temática feminista.
O sorteo realizouse ao clausurarse o punto en cada unha das xornadas.












