O Concello de Betanzos premia a iniciativa emprendedora de 13 muleres co distintivo muller emprendedora 2022. Galería de imaxes

457

Un ano máis, o Concello pon en valor o emprendemento feminino ao redor dos actos   conmemorativos do 8 de marzo.

Nesta ocasión, foron 13 as mulleres premiadas co Distintivo Muller Emprendedora, o cal  recoñece a aquelas mulleres que abriron negocio ou se fixeron titulares dunha empresa durante o ano 2022.

Entre as distinguidas, encóntranse rexentes de 5 locais de hostalaría (El rincón de Eli, Mithra, Mesón Avenida, Café Bar Paxeiro By Jeane e Café Bar A Balteira); da axencia de viaxes Kenlu Travel Carrefour; da empresa de axuda a domicilio Dyleri; da tenda de pesca e accesorios Anecuza, e da de bolsos e complementos Shoes and Bags; do estudo de Debuxo e Pintura María Barbeito; da axencia MG Seguros; e dos centros de benestar Garasaúde e Naturalísima.

Con esta iniciativa preténdese tamén crear un espazo de encontro e apoderamento feminino, de cara a establecer futuras sinerxias e colaboracións entre as propias emprendedoras.