O alumnado do obradoiro municipal de Estimulación Cognitiva e Memoria reflexiona sobre o pasado, presente e futuro da igualdade co gallo do Mes da Muller.

410

Os grupos de Betanzos, Infesta e Xanrozo poñen o seu gran de area para visibilizar o papel das mulleres en diferentes eidos nos últimos cincuenta anos, poñendo sobre a mesa tanto os avances conseguidos, como as barreiras que aínda quedan por derrubar en materia de igualdade.

Os relatos elaborados poden verse en formato audiovisual, a través de catro vídeos que debullan a realidade nos ámbitos da Educación, Traballo, Dereitos e vida social, e Relacións de parella.

Esta iniciativa forma parte da campaña municipal polo 8M, As Mulleres Somos Moito.