O Concello de Betanzos segue apostando pola edición de materiais para exercitar a mente entre as persoas maiores.

360

O Concello de Betanzos pon a disposicón da cidadanía, especialmente do colectivo de persoas maiores, unha nova edición dos “Materias para exercitar a mente”, que chega xa á súa cuarta edición.

Esta idea, que naceu no seo do confinamento, para manter activas ás persoas de maior idade, reducindo así o seu deterioro cognitivo, prolongouse ao longo deste ano 2021 para contribuír a unha estimulación integral da memoria e doutras funcións executivas.

Os materiais poden consultarse e descargarse nas redes sociais do concello, en www.novas.betanzos.gal ou premando aquí.

De maneira complementaria, estes materiais entregaranse ao alumnado inscrito no Obradoiro de Memoria e Estimulación Cognitiva do Concello, á espera de retomar as sesións presencias nos vindeiros meses en función das restriccións sanitarias por mor da COVID-19.

O Concello de Betanzos amosa así o seu compromiso polas políticas encamiñadas a favorecer a saúde mental e a mellorar a calidade de vida das persoas.