O Concello e ABANCA promoven un concerto “único” da Sinfónica de Galicia o 22 de agosto na praza dos Irmáns García Naveira con motivo do 800 aniversario

953

O Concello e ABANCA promoven un concerto especial, gratuíto, da Orquestra Sinfónica de Galicia que terá lugar o día 22 de agosto, ás 21:00 horas, na praza dos Irmáns García Naveira. A alcaldesa, María Barral, xunto ao presidente de honra de ABANCA, Javier Etcheverría, acompañados polo xerente da OSG, Andrés Lacasa, presentaron este mañá o acordo de colaboración para a celebración deste concerto, encadrado nos actos do 800 aniversario do traslado da cidade desde Tiobre ao actual centro histórico. Un concerto que será “único” non só polo repertorio, con “chiscadelas” á cidade, senón polo marco no que se desenvolverá.

A alcaldesa agradeceu a colaboración extraordinaria de ABANCA co 800 aniversario e o interese mostrado, persoalmente, por Javier Echeverría, fillo adoptivo de Betanzos, para que este concerto teña realidade en Betanzos, un concerto “único que só se puido celebrar ata agora en Santiago ou A Coruña e que os betanceiros e betanceiras van poder gozar durante un mes de agosto, coincidindo coas festas, no que a nosa cidade acaparará un protagonismo especial”.

A alcaldesa agradeceu persoalmente, a Javier Echeverría, fillo adoptivo de Betanzos, a colaboración extraordinaria de ABANCA.

María Barral explicou que o acordo se encadra dentro da colaboración que desde hai anos mantense con “ABANCA, cuxo xerme, o Banco Echeverría é betanceiro polo catro custados, con actuacións non só no ámbito cultural senón tamén no social ou no dos equipamentos”.

A primeira edil lembrou, ademais, que o concerto terá un “chiscadela especial” á historia da cidade, coa presenza das danzas gremiais, entre outros temas, que se interpretarán nun concerto “único, tanto polas obras a interpretar como o marco, a contorna, no que se desenvolverá”.

ABANCA patrocinará o concerto da Orquestra Sinfónica que estará dirixida por José Trigueros e interpretará un programa que inclúe un repertorio popular con grandes éxitos da música sinfónica, desde a suite “Carmen” de Georges Bizet e o “Capricho español, op.34” de Nikolai Rimski-Kórsakov, ata música latinoamericana coa obra “Oblivion” de Astor Piazzolla e “Danzón n.º 2” de Arturo Márquez.

O acordo co Concello e a OSG para o desenvolvemento deste concerto encádrase no compromiso coa promoción e divulgación das artes escénicas e musicais que realiza ABANCA.