O Concello instala bombeos no Estanque do Pasatempo.

286

O Concello instalou bombeos no estanque do Pasatempo que van permitir eliminar as algas que de forma reincidente aparecían na instalación a pesar das labores de limpeza que se levaban a cabo.

Agora, con este sistema instalado de depuración de auga natural, e o movemento da auga do propio estanque, evitarase a aparición de algas que contaminen a auga e que facían un efecto visual de prolongación da zona verde que podía crear situacións de perigo.