Concello sacou a licitación as obras de renovación dos parques infantís da Ribeira e Pintor Seijo Rubio

344
Concello sacou a licitación as obras de renovación dos parques infantís da Ribeira e Pintor Seijo Rubio nos que investirá máis de 200.000 euros.
As dúas actuacións forman parte dun programa de mellora de parques que inclúe tamén traballos en Alfonso IX, o Pasatempo, As Doas, Viuxe e  anteriormente a praza do Emigrante, Carregal, centro histórico ou o Xuncaliño.
Os traballos consistirán na mellora e modernización dos dous parques co desmonte e retirada dos xogos existentes no parque, unha nova pavimentación e a aplicación dun pavimento continuo de caucho.
No caso da Ribeira instalaranse  novos xogos que incluirán unha estrutura con forma de balea, un faro, unha medusa, un barco pirata e un balancín múltiple, todos eles acomodados para diferentes grupos de idade e coas capacidades necesarias para ofrecer un espazo de xogo seguro e estimulante.
Ademais repararase o valado  coa substitución dos postes e traveseiros danados para asegurar a integridade estrutural do espazo; un novo mobiliario, con bancos fabricados en plástico reciclado e unha papeleira antivandálica.
En canto ao parque de Pintor Seijo Rubio os traballos consistirán en novos xogos e unha nova pavimentación, todo iso coa finalidade de crear un parque inclusivo onde todos os nenos, tamén aqueles con diversidade funcional, xoguen, interactúen e aprendan uns doutros. Así está prevista a instalación de novos xogos entre os que se inclúen xogos inclusivos, pavimento absorbedor de impactos e mobiliario urbano (bancos e papeleiras).
Os xogos escollidos crearán un espazo de entretemento para nenos comprendidos entre 0-15 anos: columpio con asento niño de gran amplitude, apto e homologado para persoas con mobilidade reducida; columpio con dous asentos, un plano e outro de bebé; Xogo de bloques de escalada; Xogo infantil integrador de xiro rápido; Estrutura multixogo para nenos de 2 a 6 anos; Tobogán plástico; Construcións de cordas e redes; Barra de bombeiros e barra de ascenso en forma de “S”; Xogo infantil adaptado (multiactividad), formado por 5 paneis: un mostrador cunha pequena árbore táctil no extremo, unha apertura a modo de porta aberta pola que se pode pasar dun lado a outro, un túnel, un mostrador enmarcado nun panel flor e un último panel con bóla deslizante.
Para o mobiliario urbano elixíronse produtos (bancos e papeleiras) con baixa incidencia ambiental durante o seu ciclo de vida, fabricados en plástico reciclado e reciclable, recuperado da fracción de envases da recollida selectiva que garanten a circularidade do material desde a súa orixe ata o final da súa vida útil.