O Concello recoñece a traxectoria e o traballo de Ángela Fernández Gómez á fronte do restaurante “A Casilla” co Premio Úrsula Meléndez de Texeda

164

A Comisión de Honras e Distincións aprobou, a proposta do grupo de goberno e por unanimidade, outorgar o premio Úrsula Meléndez de Texeda a Angela Fernández Gómez, propietaria do Restaurante A Casilla, segundo anunciou a alcaldesa, María Barral.

 

 

Trátase do premio pola igualdade máis importante do Concello co que a corporación brigantina recoñece o labor, colectiva ou individual, de quen coa súa actividade, persoal ou profesional, contribuíron a fomentar esa igualdade de xénero en Betanzos.

O galardón debe a súa denominación á fundadora do Colexio de Orfas do Cantón de San Roque, que en 1629 ordenou incorporar ao seu testamento a súa firme vontade de levantar un edificio para mozos sen familia, que está aínda en uso, en tanto é a sede do Centro Municipal da Terceira Idade de Betanzos.

O premio quere destacar a traxectoria dunha muller traballadora, que leva décadas á fronte a un dos restaurantes máis emblemáticos e berce do que hoxe en día é o produto gastronómico de Betanzos como é a tortilla de patacas, estilo Betanzos.

Foi A Casilla o que fixo da tortilla o seu emblema, sobre o que cimentou a súa fama. E coa súa fama, a dunha maneira de entender a tortilla, da que se sente orgulloso Betanzos, que agora a ofrece en decenas de establecementos e exporta por múltiples lugares.

Ángela Fernández Gómez mantivo esa esencia desde que se puxo á fronte dos fogóns a principios da década dos 90, mantendo durante estes anos a tradición nun establecemento familiar ao que dedicou horas e horas cada día, converténdose nun referente e exemplo tamén para outras moitas mulleres do municipio.

O Concello pretende que con este premio réndaselle un máis que merecido homenaxe a unha muller que, neste sentido, “loitou e loita por reivindicar o seu papel como muller, os seus dereitos, a base de esforzo, traballo e sacrificio”.

Ademais do premio Úrsula Meléndez de Texeda, o goberno local, segundo explicou a alcaldesa, propuxo outorgar a Medalla de Prata da Cidade ao Centro Pai Menni-Irmás Hospitalarias coincidindo co seu centenario. A primeira edil destacou que con este galardón o Concello pretende destacar a súa traxectoria e o seu labor non só con centos de betanceiros/as durante todos estes anos senón tamén a nivel provincial e galego, “dunha institución que, a día de hoxe, é, sen dúbida, un referente”.

Ademais, darase outra medalla de Prata ao Colexio de Educación Infantil e Primaria “Francisco Vales Villamarín” que este ano cumpre o seu 50 aniversario. O seu labor, non só de formación educativa senón tamén persoal, de miles de betanceiros e betanceiras durante estes cincuenta anos de historia que converteu ao centro uno dos principais colexios públicos da provincia, por número de alumnos e traxectoria.