O Concello suspende por segundo ano consecutivo a Medieval e organizará actividades reducidas vinculadas á feira

386

O Concello decidiu suspender a celebración da Feira franca medieval deste ano prevista para o próximo mes de xullo. As condicións da Covid non serán as propicias para organizar un evento tal cal se coñece, con casetas nas rúas do centro histórico e a presenza de miles de persoas. Aínda que se creasen corredores de ida e volta, as características e superficie das rúas da zona antiga fan que sexa materialmente imposible manter a distancia social e evitar aglomeracións.

Por esta razón, o Concello considera que por responsabilidade e mentres non melloren as circunstancias a mellor decisión “é suspender por segundo ano consecutivo a feira do mesmo xeito que, desafortunadamente, se suspenderon outros eventos non só en Galicia senón noutras comunidades nos que, como en Betanzos, poderían congregarse nun espazo moi limitado miles de persoas”.

No entanto, e aínda que o Concello presentará a programación nos próximos días, o certo é que “haberá unha alternativa coincidindo coa mesmo fin de semana, é dicir, a segunda fin de semana do 10 e 11 de xullo, realizando pequenos eventos a modo de representacións, música ou malabares, actividades relacionadas coa Feira medieval máis espaciadas no tempo e en zonas nas que se pode manter a distancia social e exercer un control sobre a capacidade”.

Así, haberá espectáculos reducidos de maxia, malabares, pasacalles, música, teatro “escenas recoñecidas da Feira medieval, para que os betanceiros e as betanceiras “revivan eses días a feira mais de forma diferente, con medidas de seguridade pola Covid, algunhas serán difundidas en directo a través das redes sociais do Concello”