Conversa e recital poético arredor de Xela Arias con Enma Pedreira e Laura Romero

445

O Concello de Betanzos abriu a programación das Letras Galegas 2021 cunha conversa e recital poético sobre Xela Arias e por conta da escritora Enma Pedreira e a ilustradora Laura Romero, autoras do libro Xela Arias. Palabra á intemperie. O encontro tivo lugar o venres 7 de maio ás 20:00 h no Salón Azul do edificio Arquivo e a entrada foi libre ata completar a capacidade da sala, que na actualidade ten 20 butacas debido ás restricións actuais.

Nesta achega á escritora homenaxeada nas Letras Galegas 2021, Enma Pedreira e Laura Romero achegarannos a través dunha conversa a tres bandas, na que tamén participou Belén López, directora de Baía Edicións, a Xela Arias como poeta, tradutora, docente, letrista e, sobre todo, muller transgresora. Con esta obra de poemas, colaxes e ilustracións recuperan e dan a coñecer a figura dunha das voces máis interesantes e, se cadra, máis descoñecidas da literatura galega.