O Concello trae á praza García Naveira un carrusel de dous pisos con incentivo para as compras no comercio local.

1057

A praza García Naveira conta cunha nova atracción para este verán. Trátase dun carrusel para os máis pequenos, de dobre altura, con dous pisos superpostos xiratorios no que se poderá “viaxar” en góndola ou a cabalo.

A espectacular atracción é un dos carruseis que durante o inverno pode atoparse en Vigo, coincidindo as luces do Nadal.

En Betanzos, o Concello promocionará este carrusel, como un atractivo máis e para impulsar tamén a compra no comercio local (excepto supermercados), onde todos aqueles clientes que superen un gasto de 20 euros dispoñerán dun vale para poder viaxar “gratis” no carrusel.

Os tickets dos comercios deberán presentarse nas oficinas municipais do edificio Liceo, en horario de mañá, para trocalos por unha viaxe no carrusel.

Lembra que a campaña remata este mércores, 13 de agosto.