O vindeiro xoves, 11 de xuño, ás 20:30 horas, o Salón Azul do edificio Liceo de Betanzos acollerá a presentación do libro Agosto dezaseis, do escritor Juan Fariña, nun acto organizado polo Concello de Betanzos.
O evento contará coa presenza do autor, que compartirá co público os detalles desta publicación e ofrecerá unha oportunidade para coñecer máis de preto a súa obra e o seu proceso creativo. Ademais, o acto estará presidido pola alcaldesa de Betanzos, María Barral, quen acompañará ao escritor nesta presentación.
Esta cita cultural constitúe unha excelente ocasión para que a veciñanza e todas as persoas interesadas na literatura galega poidan compartir un encontro directo con Juan Fariña e descubrir os contidos de Agosto dezaseis, nun espazo de diálogo e intercambio arredor da creación literaria.












