O goberno local apoia ás entidades sociais, deportivas e culturais con subvencións para o desenvolvemento das súas actividades

1241
Firma dos convenios de colaboración con entidades culturais
O goberno local asinou  o pasado venres 15, os convenios de colaboración con entidades culturais como a Fundación do Centro de gravado de Estampa Contemporánea, a coral polifónica que este ano cumpre 50 anos e a asociación de Amigos da Banda para para o desenvolvemento e apoio das súas actividades con cargo aos orzamentos municipais deste ano.
As axudas municipais cobren en gran medida as reducións que boa parte das entidades sufriron por parte doutras administracións e que nalgúns casos chegaron até o 80%, o que provocou uns importantes desaxustes económicos que sen esta axuda municipal, nalgúns casos, mesmo, provocarían a súa desaparición.
A alcaldesa, María Barral, destacou durante a sinatura dos convenios o importante labor que desenvolven estas entidades, que moven unha importante masa social e que cobren en certa medida un espazo de formación e axuda a moitas familias que sería imposible, materialmente, realizar desde a Administración pública. De aí a importancia que ten para un municipio como Betanzos poder contar con estas entidades. A alcaldesa destacou o traballo destas, xa que “a dedicación, colaboración e traballo nos diferentes programas e actividades que organizades é imprescindible para a nosa cidade”.
Nos convenios asinados, APEM recibirá 2500 euros para as súas actividades, mentres que Aspace terá unha axuda de 2000 euros; Cáritas Betanzos, 5500 euros, e Cruz Vermella Betanzos 5500 euros.
Na relación de entidades están incluídos os clubs deportivos que contan con escolas nas que están matriculados centenares de nenos/as do Concello en distintas especialidades.
Tamén se asinaron convenios o Betanzos, C.F., 18 000 euros; o Club Náutico Ría de Betanzos, 12 000 euros; Club Troula Fútbol sala, 8000 euros; Subvención ao Club de Baloncesto Santo Domingo, 8 000 euros; Club Caimáns BTT, 3000 euros; Club Ciclista Betanzos, 3000 euros.
Nos próximos días asinaranse os da ANPA do CEIP Vales Villamarín para actividades extraescolares 11 000 euros; e os de comercio de ACEBE, con 14 000 euros; Asociación de Amigos dá Banda de Betanzos; Asociación de Amigos do Centro histórico; Coral Polifónica, e Asociación de Amigos do Centro histórico.