O Concello de Betanzos contará cun invitado de excepción para dar inicio ás festas do Nadal. O betanceiro Carlos Arévalo, medallista olímpico será o encargado de acender a iluminación nun acto programado para as 19:00 horas do próximo día 29 deste mes de novembro na praza Irmáns García Naveira.
Neste evento estará acompañado pola alcaldesa, María Barral, quen expresou o seu agradecemento ao piragüista por aceptar “o noso convite para unha xornada tan simbólica”. Ademais, os asistentes gozarán de música en vivo e os nenos e nenas de Betanzos, serán convidados a un chocolate.










