O martes 24 de outubro comezamos un ano máis a actividade “Grupo de nais e pais pola saúde” dentro do programa de prevención no ámbito familiar “Máis que un teito” do curso 2023-2024.
Esta actividade gratuíta se leva a cabo pola a Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos, en colaboración coa Consellería de Sanidade, e está aberta a todos os pais e nais que queiran compartir un espazo de comunicación e coñecemento, xa que nas distintas reunións trataremos, entre todos e todas, aqueles temas que son de interese e preocupación para nais e pais á hora de educar os nosos fillos e fillas, relacionados coa vida familiar e social como as normas e os límites na familia, o uso de internet e o móbil, a escola e a familia, os problemas de conduta e os hábitos de vida saudables, entre outros posibles temas.
A periodicidade será dunha xuntanza mensual de outubro de 2023 a xuño de 2024. no Edificio de Servizos Sociais do Concello de Betanzos, sendo o horario de 20:00 a 21:00 horas.
As inscricións poderanse entregar no edificio de Servizos Sociais do Concello en horario de 09:00 h a 14:00 h. Tamén se pode enviar a inscrición ao enderezo electrónico [email protected] e a data límite é o luns 23 de outubro.
Para descargar a ficha de inscrición prema aquí
Ademáis poden facerse as inscripcións en liña premando aquí: