Impúxose a Adega O Pino, Casa do Queixo, Restaurante Casanova e Bar Kutaco na final celebrada o pasado domingo 11 ao mediodía no edificio Liceo
O restaurante Cho é o flamante vencedor da XI Semana do Pincho. A súa proposta consistente nun crujiente de polbo, grelos e queixo de tetilla sobre salsa de gambas resultou elixida polo xurado como o mellor pincho da presente edición, impoñéndose así a Adega O Pino, Casa do Queixo, Restaurante Casanova e Bar Kutaco na final que tivo lugar este mediodía no edificio Liceo.
A Semana do Pincho, organizada polo Concello para potenciar a gastronomía, a hostalería e dinamizar outros sectores rematou domingo, tras 9 días nos que os locais participantes puideron compartir as súas propostas cun notable número de clientes.
O abanico de propostas gastronómicas da presente edición incluíu creacións como: minibocadillo de salchicha con ensalada de col e cebola crocante; boliño con roxóns e prebe majo picante ; croqueta de changurro; follado de codillo de lacón glaseado con cebola acaramelada sobre cama de puré de pementos e froitos secos; rock&roll de carrilleira; o bosque animado; corazón de Galicia ; sarmale; mini perrito a vaca tola; chipiróns crocantes en texturas de millo con pico de galo suave ; volovan ; crocante e de polbo, grelos e queixo de tetilla sobre prebe de gambas ; capricho de outono ; o porquiño que vén dos caneiros ; panuozzo de lagostino e papada ibérica ; torrada de polbo eli; pataconsiño; recuncho roll; vaia rollo; mares ; racú diverso y tikka masala.
En relación aos locais que tomaron parte este ano inclúense: Casa Do Queixo, A Vaca Tola; Yocri; Café Lanzós; O Histórico; Adega O Pino; Restaurante Cho; O Ibérico; Restaurante Casanova; Vinoteca Versalles; A Travesa; Adega Lastras; Treze; Sinuessa; Mesón Avenida; Tenreira Grella; O Candil; Recuncho de Eli; O Noso Recuncho; O Rabel; Casa Miranda; e Bar Kutaco
Ademais, as persoas que participasen votación para outorgar o premio popular, cumprimentando debidamente o boleto, e selando en polo menos 5 dos 22 establecementos, entrarán no sorteo de tres vales de compra de 100 euros nos comercios asociados a Acebe.