O sábado 27 de abril os Sábados miúdos traen o conto “O berce das verbas” de Caxoto Contacontos

1387

O programa Sábados miúdos volve este sábado 27 de abril ás 12:00 h ao Salón azul do edificio Arquivo. Desta volta os contos correrán por conta de Caxoto Contacontos co seu espectáculo para bebés de 12 meses a 4 anos ” O berce das verbas”.

O contacontos ten 20 prazas, con preferencia para os nenos e as nenas empadroadas, que poderán asistir acompañadas dun máximo de dúas persoas adultas. O prazo de inscrición para o contacontos estará aberto en www.betanzos.gal desde o 15 de abril ás 10:00 h ata o 25 de abril ás 15:00 h. A confirmación da praza realizarase uns días antes da actividade no correo electrónico ou no teléfono facilitado no momento da inscrición.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, situado nas Oficinas Xerais do edificio Liceo, no teléfono 981 770 011 (ext. 2224) ou no enderezo electrónico [email protected].

O berce das verbas

Neste espectáculo Caxoto Contacontos botan man dos seus mellores recursos habituais para estruturar unha sesión na que se compaxina a imaxe, a voz, a música en directo e a fantasía. Un espectáculo no que a partir da palabra se inundarán os nosos sentidos e sensacións, imaxes e emocións.

Arredor dos cantos do berce irán abordando historias e xogos nos que participar tanto o público infantil como os seus proxenitores. Historias de ratiños que se acubillan no colo da lúa, longas xuntanzas onde se decide quen será o rei (ou raíña) dos animais, a primeira vez que unha nena ve o mar e sente as areas escorregar entre os seus dediños miúdos.

Un paseo polos momentos previos ao sono e aos soños que rematará nun tenro canto de berce colectivo ao son do bambeo das ondas do mar.

Cartel da actividade