Os Reis Magos recibiron aos nenos e nenas de Betanzos, nas pistas deportivas cubertas do Carregal. Galería de imaxes

847

Betanzos preparou unha recepción especial dos Reis Magos para este ano.  Suspendida a tradicional Cabalgata, o  Concello apostou porque os Reyes recibiran a todos os nenos e nenas de Betanzos nun recinto con suficiente espazo para respectar as medidas de seguridade pola  Covid: as pistas polideportivas cubertas.

Alí instalouse un trono especial no que estarán SS.MM de Oriente e recibiron a partir das 17.00 horas a todos os nenos e nenas. As pistas contan cunha superficie adecuada para que se respecten as distancias e, ademais, en caso de choiva, “os máis pequenos estiveron a cuberto”. Repartironse tamén caramelos a todos os que asistan.

Os nenos e nenas poideron entregar as cartas aos Correos Reais que á súa vez as depositaron na caixa de correos real. Os nenos e nenas saudaron aos tres Reyes, que gardaron un mínimo de tres metros de distancia cos pequenos.

Antes de recibir aos nenos e nenas nas pistas polideportivas, os Reyes desprazaronse á residencia da Terceira Idade e ao colexio  Pai  Menni para saudar desde fóra aos residentes.

Durante estes últimos días, previos ás vacacións do Nadal, os Reyes tamén visitaron os centros educativos da cidade para saudar aos alumnos de Infantil e Primaria.