Recepción de Nadal da alcaldesa Maria Barral. Galería de imaxes

45
RECEPCION ASOCIACIONS BETANZOS 28-decembro-2022

A alcaldesa de Betanzos, María Barral, recibiu no Concello a representantes das  entidades veciñais, sociais, educativas, deportivas, culturais, de comerciantes e empresarios, así como de institucións con representación en Betanzos para celebrar xuntos a chegada do novo ano e desexar a toda a sociedade betanceira os mellores desexos.

No encontro, a primeira edil fixo balance deste ano e agradeceu o labor de todas as entidades betanceiras durante e posteriormente á pandemia.

Para 2023 anunciou que se farán realidade algúns dos proxectos nos que leva tempo traballando dentro dos fondos europeos como a mellora do mercado municipal, o Pasatempo, o centro histórico, a construción de novos equipamentos públicos e a transformación do edificio administrativo do Liceo.