María Barral destaca o nivel das propostas expostas polos alumnos de Primaria durante o pleno infantil. Galería de imaxes.

465
PLENO INFANTIL 21-diciembre-2022

Betanzos celebrou unha nova edición do seu Pleno Infantil que organiza o Concello coincidindo co Día da Constitución coa participación dos alumnos de sexto de Primaria do colexio Vales Villamarín e do colexio de Atocha e a presenza da alcaldesa, María Barral.

Os 17 alumnos, igual que o número de concelleiros da Corporación,  prepararon unha serie de propostas de ámbito local que foron trasladadas á alcaldesa.

O pleno foi neste caso presidido por Eva Viqueira Miramontes, do colexio Vales Villamarín a quen correspondeu ser alcaldesa por un día.

Os alumnos tocaron propostas de benestar social, saúde, medio ambiente, educación, transportes, e deportes, algo que foi destacado pola alcaldesa, María Barral, quen agradeceu “a presentación de mocións tan completas e que tocaban todos os aspectos importantes do Concello e doutras administracións, e que , sen dúbida, recollían melloras importantes no día a día de Betanzos”.

Neste sentido, anunciou que as propostas, todas elas aprobadas pola corporación infantil, serán trasladadas aos órganos do Concello e a outras administracións.

Entre as peticións, os estudantes propuxeron máis mobiliario urbano, locais sociais e ata un centro comercial, “cunha ampliación do horario de tendas do comercio local e da biblioteca municipal”. Ademais, solicitaron melloras no parque Pablo Iglesias, limpeza de beirarrúas e un pediatra para non ter que desprazarse a Coruña. O parque do Pasatempo tamén foi obxecto de peticións, xunto a un aumento de profesores e coidadores de alumnos con discapacidades, que faciliten a súa inclusión; e a eliminación de barreiras arquitectónicas, ademais de crear áreas de xogo infantís inclusivas.

Os alumnos tamén pediron que a administración que corresponda mellora o pavillón do Vales Villamarín, e que o colexio conte cun enfermeiro/a, promociónense paseos saudables, cren carrís bici, servizo de bicicletas eléctricas, así como unha pista de tenis, e pista de atletismo no colexio.

A reparación do camiño de Os Caneiros, unha maior iluminación e que faciliten o transito de bicicletas e peonil foi outra das peticións, xunto á potenciación da Diana Cazadora, a embarcación municipal, para uso dos alumnos e coñecemento de Os Caneiros.

A mellora do transporte público co colexio de Atocha xunto cunha limpeza de varias zonas foron outras peticións expostas.

Alcaldesa: Eva Viqueira Miramontes

Concelleiros/as Vales Villamarín:
Luz Maceira González; Juan Migal Valiño; Carla Alba Raya Cordero; Sofía Rodríguez Fernández; Román López Seoane; Uxía Lameiro Tojeiro; Arianna Deibe Suárez; Hugo Cortés Guerra; Adrían Veiga Docampo; Hugo Seijo Gómez; Chloé Bonome García; Víctor BeadeCagiao

Atocha:
Concelleiros/asJosé Veiga Roel; Carmen Calvo Areosa; Raúl Gómez Sánchez; Eire Martínez Blanco