A alcaldesa, María Barral, agradeceu aos técnicos do Sergas o seu traballo e tamén aos betanceiros e betanceiras a súa altísima participación neste cribado, que sen dúbida, era moi importante para frear a preocupante situación destes días en Betanzos.
Agora, é moi importante continuar cumprindo as normas hixiénico-sanitarias para reducir o risco de contaxios e frear a expansión do virus no noso municipio