As obras da rúa Pintor Seijo Rubio, unha das arterias principais de Betanzos, entra na súa fase final. A alcaldesa María Barral, xunto ao concelleiro de Infraestruturas, Diego Fernández, visitou as obras que a semana que vén entrarán na súa última fase co aglomerado do tramo máis próximo á avenida de Castela para, a continuación facer o mesmo na zona da praza Francisco Blanco. Ao comezo da próxima semana os traballos centraranse na conclusión das beirarrúas.
A primeira edil agradeceu a colaboración “dos veciños que tiveron que padecer as incomodidades das obras no día a día para acceder aos seus domicilios. Os veciños, os usuarios dos garaxes e os comercios víronse afectados por estes traballos que, sen dúbida, supoñerán unha mellora significativa deste espazo urbano, no que renovamos todos os servizos”.
Trátase dunha dos maiores investimentos realizados polo Concello en vías públicas, dentro dun programa provincial, supoñendo un desembolso de 254.988,35 euros.
O proxecto contemplou a substitución de rede de sumidoiros e a recollida de pluviais. Á súa vez, renovaranse as beirarrúas e os pasos de peóns da rúa do mesmo xeito que se fixo nos proxectos das rúas Venezuela, Alcalde Beccaría ou Alcalde Tomás Dapena. Como consecuencia da optimización de trazado das beirarrúas, expúxose ademais a preinstalación de conducións e arquetas para a futura instalación dun sistema de iluminación.
Se anchearon as beirarrúas, mellorándose o seu trazado e proxectando ensanches para os pasos de peóns. Se repintarán os sinais do chan e o equipamento urbano existente de maneira homoxénea. Substituiranse todas as tapas das instalacións e repoñeranse os elementos afectados polo paso do tempo.
Por outra banda, delimitarase a zona de aparcamento, así como o aproveitamento das beirarrúas para o novo trazado dos pasos de peóns. Eliminaranse as barreiras arquitectónicas para persoas con mobilidade reducida. Repoñerase a sinalización viaria por completo, incluíndo a anteriormente citada área de aparcamento. Serán instaladas papeleiras e bolardos fixos.
O firme renovarase para dar paso a un máis consistente e homoxéneo en todo o seu conxunto, co que se aumentará a seguridade viaria tanto dos peóns como dos condutores.