O xurado do IX Concurso de creación literaria, composto por representantes dos distintos centros de ensino, así como os escritores Xabier López e Dores Tembrás, decidiron outorgar os seguintes premios:
CATEGORÍA ESO
Primeiro premio
Iván Sanjurjo Cortés (2.º ESO IES Francisco Aguiar)
Relato: “Shirley Holmes e o caso do Pasatempo”
Accésit
Sofía dos Santos Sánchez (2.º ESO CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”)
Relato: “Os tres días de Pontesampaio”
CATEGORÍA BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS
Primeiro premio
María Fernanda Fuentes Gonzaga (1.º D Bacharelato IES Francisco Aguiar)
Relato: “Para aquel amor”
Accésit
Daniel Lasús Vázquez (2.º Bacharelato IES As Mariñas)
Poesía: “Sutura / Xirasois de ferro / Últimos”
Este ano presentáronse 59 textos ao IX Concurso de creación literaria e o xurado acordou deixar deserta a categoría aberta ao entender que ningún dos textos presentados reunía os requisitos para resultar gañador. Así mesmo, destacaron a calidade dos textos presentados polo alumnado dos centros de ensino e agradeceron a implicación do alumnado e do profesorado neste concurso.
O Concello de Betanzos entregará os premios do IX Concurso de creación literaria este xoves 23 de maio ás 19:30 h no Salón Azul do edificio Liceo, xunto cos premios do X Concurso de carteis das Letras Galegas.