Reunión de coordinación e seguimento da situación da auga

212

O Concello, Sanidade, Augas de Galicia e a empresa concesionaria do servizo de abastecemento de auga volveron manter o pasado lunes 12 de xuño, unha nova reunión de seguimento e coordinación para continuar a planificación de actuacións na subministración.

As analíticas realizadas por Saúde Pública e Viaqua seguen dando resultado positivo en canto á presenza de Norovirus tanto no río como na rede a pesar das accións de desinfección realizadas e acordadas entre Sanidade e a propia empresa. Neste sentido, acordouse incrementar as actuacións, aumentando as accións de traballo no catro depósitos, uns labores moi específicos que “realizará un equipo especializado en depósitos de auga”, así como nos filtros de area do sistema.

Os traballos, complexos tecnicamente, desenvolveranse durante os próximos días, evitando na medida do posible cortes na subministración, e tomando analíticas continúas por parte de Sanidade e a empresa concesionaria, que hoxe tamén acordaron unha serie de medidas conxuntas canto ás analíticas.

Todos estes traballos suporán un mantemento das restricións de consumo de auga que se impuxeron por parte de Sanidade. É dicir, mantense a restrición do uso de auga de abastecemento para que non se utilice para a inxesta (bebida ou preparación de alimentos), lavado de alimentos nin hixiene bucodental.

Esta situación prolongarase ata a última semana de mes, na que se completarán e estarán todos os resultados das analíticas realizadas por Viaqua, Sanidade e Augas de Galicia para determinar se a auga é apta ou non para o consumo.