Tania Ansio Martínez, de Valencia, gañadora do certame de Balconadas 2018

2376
A alcaldesa en funcións e responsable de Cultura, María Barral, xunto ao xurado diante da balconada gañadora (no centro na fila superior)

30Tania Ansio Martínez, San Antonio de Benagéber (Valencia), resultou elixida gañador do certame de Balconadas coa súa obra “Espacios Múltiples”, unha obra na que predominan as figuras circulares coloristas e que foi destacada polo xurado pola súa orixinalidade e a calidade técnica. A obra está exposta en Porta da Vila co número 107.

Balconada ganadora

Tamén se elixiron os dous accésits que recaeron en Lucía López Sánchez, da Coruña coa obra “ Progenie” que leva o número 90 e Raúl Gil, de New Jersei, coa balconada número 103 baixo o título “ The skater”.

Accésits de Lucía
López Sánchez, de A Coruña
Raúl Gil, de New Jersey, EE.UU

A entrega de premios será o 13 de agosto. O xurado tamén quixo destacar outras tres obras que quedaron finalistas pola súa calidade, as de Miguel Alonso Melero, de Culleredo co número 28; María Maqueira Vales-Villamarín , de Betanzos, co número 51 e Juta Cono, de Tokio, co número 82.

Balconada 28
Balconada 51
Balconadas 82

A calidade dos traballos presentados na edición deste ano fixo tamén que o Xurado fixese tres “mencións de honra” a José María de Castro, de Palas de Rei, co número 29; Job Sánchez Julián de Xixón, co número 30, e Juan José López Martínez, de Chantada, en Lugo, co número 84.

José María de Castro, de Palas de Rei
Job Sánchez Julián de Xixón
Juan José López Martínez, de Chantada

O xurado do certame de Balconadas de Betanzos percorreu as rúas do centro histórico para elixir o gañador deste ano entre as 122 obras que foron seleccionadas para “colgar” nos balcóns das rúas desta zona e convertelas nun auténtico museo ao aire libre. O xurado deste ano estivo composto por distintas personalidades do mundo da arte como María Isabel Pintado, como presidenta e directora da Bienal; Daniel Louza, como secretario;  María Xesús Díaz, pintora; Alfonso Costa Beiro, pintor; Pilar Pérez Subías, escultora; Manuel Silvestre Visa, artista plástico e Xulio García Rivas, pintor.

O xurado valorou a adecuación da obra gañadora á súa contorna expositiva pola súa técnica, temática e orixinalidade, un “exercicio complexo dada a calidade e o nivel dos traballos que se presentaron”. O premio está dotado con 5000€, e dous accésits cada un deles con 1500€. A entrega de premios será o 13 de agosto.

As obras, no seu maior parte, proceden das catro provincias galegas, aínda que tamén hai presenza de moitas comunidades autónomas de España: Pais Vasco, Cataluña, Madrid, Asturias, Andalucía, Canarias, Valencia, Castela León, e Estremadura. Fóra de España, chegaron “balconadas” desde Suecia, Holanda, Arxentina, Xapón, Uruguai, Italia, Francia e Estados Unidos. Cada artista presentou unha soa obra para a súa selección con técnica e temática libre, sen enmarcar, sen bastidores, barras, etc. As obras son verticais ou horizontais, cunhas medidas mínimas de 120×160 cm. e máximas de 150×250 cm. Estarán expostas ata o 28 de agosto nos balcóns das rúas do centro histórico, reservándose a Dirección da Bienal a decisión de aumentar o tempo de exposición.