“Versos rosalianos na rúa” volve para lembrar o Día de Rosalía de Castro

281

O Concello de Betanzos comeza coa programación arredor do Día de Rosalía de Castro coa exposición “Versos rosalianos na rúa” que volve aos balcóns dos principais edificios municipais este lmartes 1 de febreiro. Esta exposición ten como finalidade difundir a obra de Rosalía de Castro e homenaxear á escritora no aniversario do seu nacemento e poderase ver nos balcóns municipais durante todo este mes.

Así mesmo, o Concello ten previstas diversas actividades nos centros de ensino de primaria e secundaria entre o 21 e o 24 de febreiro cos contacontos ilustrados “Figueiriñas que eu prantei” por conta de Polo correo do vento para o alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín e do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha” e diversos obradoiros “Rap con Rosalía” por conta do colectivo Vella Escola para o alumnado de secundaria.