Gran cabalgata das súas maxestades os Reis Magos de Oriente Galería de imaxes

521
CABALGATA REYES 5-xaneiro-2025
Betanzos celebrou o pasado día 5 de xaneiro, a tradicional Cabalgata de Reyes. Partiu as 18.00 horas o seu percorrido desde o Centro de Formación Ocupacional de Bellavista, para percorrer as rúas Concepción Arenal, Rosalía de Castro, doutor Xosé Fariña, Avenida Jesús García Naveira,  avenida Fraga Iribarne; Camiño Real de Infesta; avenida das Mariñas, Camiño da Estación; avenida Jesús García Naveira; Emilio Romay, Julio Pérez Salas, Praza García Naveira, Valdoncel, rúa da Ribeira, Manuel Naveira, paseo do Malecón, Valdoncel, avenida Linares Rivas, Emilio Romay para terminar na praza García Naveira. Finalizou sobre as 20.00 horas coa recepción de SSMM os Reyes de Oriente na aula de cultura do edificio Liceo. 
O Concello explicou que as obras que se están executando en varios puntos do centro histórico fan que sexa imposible que as carrozas poidan circular por estas rúas polo que este ano a Cabalgata non poderá pasar  por esta zona.
Na organización participarán máis de medio centenar de persoas.
No percorrido se repartiron máis de 1000 quilos de caramelos, aptos para celiacos.
Os Reis Magos finalizaron así a súa estancia en Betanzos despois de que durante os últimos días percorresen todas as parroquias do municipio.