Betanzos abre o prazo para solicitar as axudas que o Concello concederá a autonómos e pequenas empresas afectadas pola Covid 19

1374

O  Concello abre o prazo para  solicilitar as axudas municipais a pequenas empresas e autónomos que se viron afectados na súa actividade diaria pola  Covid 19.

Os solicitantes poderán presentar a documentación no Rexistro Municipal a través da sede electrónica ou por correo postal, nun impreso normalizado que estará dispoñible tamén na web municipal, ata o 3 de agosto, aínda que “conforme vaian chegando as solicitudes iranse revisando.

Para descargar a solicitude e consultar as bases prema aquí

Non se esperará á conclusión do prazo para iniciar os trámites. A intención é axilizar todo o proceso ao máximo”, segundo indicou o edil de Facenda, Diego Fernández. Habilitarase un correo electrónico específico para atender calquera dúbida ou consulta que será [email protected]

As axudas chegarán ata os 700 euros. Delas poderán beneficiarse as persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, así como as  microempresas que reúnan os seguintes requisitos:

  • Que teñan o domicilio fiscal da actividade no municipio de Betanzos e radique no mesmo o centro de traballo afectado.
  • Que a actividade que desenvolven viuse afectada polo peche de establecementos  polo estado de alarma ou que a actividade desenvolvida polo autónomo sufrise unha redución da súa facturación durante o mes seguinte á declaración do estado de alarma de polo menos o 50%, en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma.

Concederase unha cantidade máxima de 500 € para os autónomos ou  microempresas cando a actividade que desenvolvan viuse afectada polo peche de establecementos e unha de 300 € a aqueles autónomos ou  microempresas que  sufriron unha redución da súa facturación.

Estas cantidades 500 € e 300 € incrementaranse nun máximo de 100 € en caso de ter ata 4 traballadores (inclusive, ademais do solicitante) e nun máximo de 200€ en caso de ter ata 9 traballadores (inclusive, ademais do solicitante) a data 1 de marzo de 2020.