A alcaldesa de Betanzos visita á veciña Antonia Vales Muíño polo seu 100 aniversario.

166

A alcaldesa de Betanzos, María Barral, acompañada pola concelleira Ánxeles Veiga, visitou á veciña Antonia Vales Muíño con motivo da celebración do seu 100 aniversario.

Durante o encontro, que se desenvolveu nun ambiente moi emotivo, a rexedora e a edil tiveron ocasión de felicitar persoalmente á centenaria e compartir uns momentos coa súa familia nun día tan sinalado.

Na imaxe tamén aparecen o seu fillo, Luís Antonio, e un dos seus afillados, que quixeron acompañala nesta data tan especial.

Desde o Concello trasladáronlle os seus parabéns a Antonia por unha vida chea de historias e lembranzas, desexándolle que continúe gozando de moitos momentos felices