María Barral inaugura no Museo das Mariñas a mostra “Volta o mar a Betanzos”, un alegato artístico contra os residuos mariños

178

A alcaldesa, María Barral, inaugurou unha nova exposición no Museo das Mariñas. Trátase de “Volta o mar a Betanzos”, de Francisco Martínez “Pin”, composta por medio centenar de obras, entre esculturas e algunhas pinturas mariñas. Realizadas a partir de restos localizados polo autor en numerosos areais da contorna.

O autor destacou un dos obxectivos que persegue: a concienciación, advertir dos riscos que entraña “a cantidade de residuos que lanzamos ao mar”.

Pola súa banda, a alcaldesa destacou  o valor que ten o traballo de Francisco Martínez como “mostra da capacidade humana de rescatar atractivo onde parecía non haber nada”. Animou a veciñanza para visitar a exposición e así tamén gozar de todo o que ofrece o Museo das Mariñas.

Francisco Martínez agradeceu ao Concello o poder mostrar o seu traballo e, en especial,  destacou a colaboración do  director do Museo, Ángel Arcay, e a comisaria da mostra, Carolina Monzo.