A alcaldesa, María Barral, presentou a XV edición da Semana da Tortilla.

266
SEMANA TORTILLA 2025 PRESENTACION 9-outubro-2025
A alcaldesa, María Barral, presentou a XV edición da Semana da Tortilla que se desenvolverá en 14 locais de hostalería dende o dia 10 ata o 19 de outubro.

 

Como novidade este ano destaca aplicación móvil “GastroBetanzos” que xa está dispoñible para Android e iOS para que a clientela dos locais inscritos na XV edición da Semana da Tortilla de Betanzos poidan participar de xeito activo neste evento.

 

​Ademais, os usuarios da APP cando completen o escaneo dos cinco códigos QR poderán votar pola tortilla que lles pareza mellor, e así colaborar na elección do establecemento gañador da XV Semana da Tortilla de Betanzos na categoría de Premio Popular.

 

A tortilla servirase entre as 12:30 h e as 15:00 h pola mañá e entre as 20:00 e as 22:00 h pola tarde, excepto os venres e os sábados, nos que o horario será de 20:00 a 23:00 h

 

Por outra banda, dentro da Semana da Tortilla tamén se abre a incripción para participar no concurso de mellor tortilla caseira. Neste caso, os interesados poden apuntarse do 7 ao 15 deste mes na Oficina de Turismo ou no correo [email protected]