O Consorcio As Mariñas continua en Betanzos a nova campaña de compostaxe doméstica cunha entrega en Infesta

398

A campaña de compostaxe doméstica impulsada polo Consorcio As Mariñas sigue esta semana en Betanzos cunha nova sesión informativa e entrega de material celebrada en Infesta. O encontro tivo lugar o xoves 9 de outubro e contou coa incorporación de 7 novas familias á iniciativa de autoxestión dos biorresiduos.

Sesión informativa e entrega de material celebrada en Infesta.

Con esta nova edición, o Consorcio continúa ampliando a rede de fogares comprometidos coa compostaxe doméstica, unha práctica que permite reducir os residuos orgánicos e transformar o lixo en abono natural de alta calidade.

Durante o mes de outubro, está previsto que se celebr eunha nova charla formativa e entregas de composteiros o luns 20, en Guiliade.

Nas sesións explícanse os principios básicos da compostaxe e entrégase de balde un kit completo de autocompostaxe, que inclúe composteiro, aireador, termómetro e peneira. A participación é gratuíta e recoméndase formalizar a inscrición previa a través da web para axilizar a entrega do material.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – NextGeneration EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía naredución e valorización dos seus propios residuos.

En outubro voltamos coas formacións e as entregas de composteiros (de balde) .

Luns 20 outubro, 17h – Local Social Guiliade
Martes 28 outubro, 20h – Local Social Xanrozo

Inscríbete en 981 784 704 | [email protected]