Os Reis Magos repartiron este ano máis dunha tonelada de caramelos na Cabalgata de Betanzos, aptos para persoas celíacas. Os Reis, xunto co resto das súas comitivas, foron en tres carrozas comezando o seu percorrido ás 18:00 h no centro de Formación Ocupacional de Bellavista.
O percorrido, desde o centro de formación, foi o seguinte: avenida de Castela, Rosalía de Castro, doutor Fariña, avenida Jesús García Naveira, Bartolomé Cossío (detrás da gasolineira das As Cascas, Xoán Vicente Viqueira, Mestra Paquita Zuluaga, avenida Jesús García Naveira, Emilio Romay, avenida de Castela, Valdoncel, rúa da Ribeira, Cabildos, Travesa, Porta da Vila e praza de García Irmáns.
O mal tempo obrigou a acortar o percorrido inicialmente previsto.
Na organización da Cabalgata participaon máis de 50 persoas entre Protección Civil, Policía Local, voluntariado e persoal municipal.