A Fundación Globo de San Roque celebra unha nova reunión de coordinación de cara á elaboración do aeróstato para as festas patronais deste ano

216

A Fundación Globo de San Roque realizou unha nova reunión de coordinación de cara á elaboración do Globo para as festas de agosto deste ano. A reunión contou coa presenza da presidenta da Fundación, María Barral, representantes dos partidos políticos con representación municipal, membros da familia Pita, así como representantes dos colaboradores que participan na elaboración do Globo.

O encontro enmárcase na serie de reunións previstas pola Fundación para coordinar os traballos. Os materiais necesarios para elaborar o Globo xa están encargados e, algúns deles, xa foron entregados. Tamén están reservados os espazos para realizar os traballos a falta, agora, de concretar os días nos que levarán a cabo.

A reunión serviu para que todos os integrantes da Fundación e os colectivos aos que representan cada un deles coñezan ao detalle os pasos que se están dando para a preparación do Globo, no que representa o símbolo máis importante das festas patronais de Betanzos.