O pasado martes, 6 de agosto, o concelleiro de Turismo, Pablo Beade, o concelleiro de Eficiencia Enerxética, José Luis Lagares e o concelleiro de Mocidade, Andrés Pandelo, recibiron no edificio Arquivo a unha nena desta localidade e aos seus pais de acollida, naturais de Betanzos.
Para o día 13 de agosto, está previsto que tres destas nenas e nenos, coas súas familias de acollida, visiten Betanzos e realicen o paseo na Diana Cazadora.
A ONG Ledicia Cativa leva 23 anos traballando neste proxecto. Para máis información sobre [email protected]: https://bit.ly/31qBv33
