A Policía local identifica a dúas persoas na zona de lecer por condución temeraria e delito contra a seguridade viaria

340
A Policía Local identificou a dúas persoas na noite do sábado ao domingo por condución temeraria e delito contra a seguridade viaria dentro das actuacións de control que están a levar a cabo na zona de lecer nocturno. Os feitos de produciron na noite do sábado ao domingo.

 

O primeiro sobre  as 02.00 horas cando unha patrulla da Policía Local deu o alto á altura do antigo ambulatorio (Rosalía Castro) ao condutor dun vehículo que estaba a facer buxainas nunha rotonda desa mesma zona. O condutor deu negativo nos controis de alcoholemia pero denuncióuselle por condución temeraria.

 

A segunda actuación policial foi sobre as 04.00 horas cando os axentes localizaron un vehículo na contorna da praza García Irmáns e rúa do Rolo circulando a “grandes aceleróns”. A patrulla parou ao condutor, que foi denunciado por condución temeraria e por un delito contra a seguridade viaria ao dar positivo na proba de alcoholemia cunha taxa de 0,90.