Acto 50 aniversario CEIP Francisco Vales Villamarín. Galería de imaxes.

253
O pasado 16 de maio, tivo lugar un acto para conmemorar o medio século de vida deste centro educativo.

Ao longo destes 50 anos, o Valles Villamarín desenvolveu un papel fundamental na formación académica da nosa veciñanza, adaptándose ás circunstancias segundo as demandas de cada etapa.

“Hoxe é un día no que o Concello debe felicitar ao CEIP Francisco Vales Villamarín polo seu aniversario mais sobre todo debe darlle as grazas. Grazas a todas as persoas que ao longo destes 50 anos o encheron de vida e de valores. Grazas por facer de Betanzos unha vila mellor”, con estas palabras a alcaldesa de Betanzos, María Barral, trasladaba os parabéns do Concello ao Vales Villamarín durante a celebración do acto institucional no que se conmemoraba o seu 50 aniversario.