A Fundación Globo de San Roque, dentro do 150 aniversario do Globo de San Roque, celebrará o vindeiro día 9, ás 12.00 horas, o acto de recoñecemento do Padroado da Fundación ás persoas que na actualidade fan posible a elaboración e lanzamento do Globo. Este acto terá lugar na Sala Capitular do Concello de Betanzos, na praza da Constitución.










