Nas xornadas do venres 15, sábado 16 e luns 25 de agosto estará operativo un punto violeta na Praza Irmáns García Naveira, a carón da estatua de Diana Cazadora, aproximadamente dende as 22:00 ata a 01:00 horas, días nos que actúan as orquestras Panorama, Grupo Ritmo e París de Noia respectivamente.
Ademais, o punto violeta instalarase no Campo dos Caneiros os luns 18 e 25 de agosto, coincidindo coa 1ª e a 2ª xira desta romaría, en horario de 17:00 a 21:00 horas.
O día 18 pola noite, de 22:00 a 00:00 horas, a Deputación da Coruña instalará un punto de información e atención LGTBIQA+ no noso Concello, que estará tamén presente noutros festivais e festas patronais da provincia, dentro da súa campaña Liberdade de Ser e Sentir (#sersentir). Este espazo estará dinamizado por persoal técnico da entidade ALAS A Coruña.
En todos os puntos desenvolveranse actividades de sensibilización e dinamización, polo que poden visitalo persoas de todas as franxas de idade: xente moza, familias con crianzas, persoas adultas, etc.
Tamén ofrecerase asesoramento no relacionado coas violencias machistas e a violencia sexual, por se algunha persoa se encontrase nunha situación de especial vulnerabilidade, e darase información sobre os principais recursos e servizos municipais e comarcais nesta materia.

No punto violeta sortearase cada día, ao final da xornada, un libro feminista (Feminismo para principiantes, Las durmientes, 50 Queers que cambiaron el mundo, Morder la manzana) polo que todas as persoas que participen activamente nas actividades do punto poden anotarse e resultar agraciadas.