O Bar Galicia gaña de novo o premio á mellor tortilla de Betanzos. Galería de imaxes.

398
A alcaldesa María Barral e a concelleira de festas Ángeles Veiga xunto a os cinco finalistas Yocri, Lastras, bar Galicia, Los Picapiedra e Plaza

O Bar Galicia obtivo o premio á mellor tortilla de Betanzos 2022 por diante de Los Picapiedra, Cervecería Yocri, Adega Lastras e o Plaza na cata a cegas realizada esta mañá no Edificio Arquivo ante un xurado composto polos chefs Gorka Rodríguez, da polbeira de Melide, cociñeiro do Ano de Galicia 2015, Moncho Méndez, de Millo, mellor cociñeiro de Galicia 2022 e Sara Lúa, de Masterchef.

A alcaldesa María Barral e a concelleira de festas Ángeles Veiga xunto a gañadora da semana da tortilla 2022 Esther Corral e o xurado composto por polos chefs Gorka Rodríguez,; Moncho Méndez, de Millo, e Sara Lúa.

Os tres destacaron a calidade das tortillas presentada ao concurso e a complicación que cada ano existe para outorgar o premio á mellor tortilla pola “igualdade e a calidade” das elaboracións que se presentan.

O local xa gañara o premio na edición anterior (2021) e conquistou tanto a modalidade profesional como a popular. Así mesmo, na convocatoria do ano 2020, o Bar Galicia conseguira tamén este recoñecemento na categoría do premio popular.

Esther Corral “Bar Galicia” gañadora da semana da tortilla na súa edición do 2022

Na edición deste ano participaron 19 locais hostaleiros: Adega Lastras, TREZE, Cervecería Yocri, El Plaza, Mesón, A Vaca Tola, Bar Restaurante Ternera Grill, Los Picapiedra, Xamonería El Ibérico, Soportal Taberna, Restaurante Casanova, Bar Galicia, Vinoteca Versalles, Café Bar La Goleta, Bar O Rabel, La Travesía, Paxeiro By Jenny, El Rincón de ELi e Café Bar Jenny O Bacel.

A tortilla aínda se poderá degustar durante o día de hoxe en todos os locais participantes. Tamén é o último día para participar no concurso a través das redes sociais de Betanzos Tan Cerca:

  • En Twitter: @BetanzosCerca
  • En Facebook www.facebook.com/BetanzosTanCerca
  • En Instagram @betanzostancerca

As persoas que proben a tortilla en cinco locais diferentes entrarán no sorteo de cinco experiencias gastronómicas para dúas persoas nun dos Restaurantes da Biosfera certificados no ano 2019 na Marca de Calidade, coa colaboración da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Para isto, as persoas participantes poderán entregar o cupón cos cinco selos dos locais participantes en calquera dos establecementos. O sorteo terá lugar o próximo 14 de outubro ás 13:00 h no salón azul do Edificio Arquivo. Ademais, nese mesmo cupón se poderá votar pola mellor tortilla para o premio popular.