Jorge Río Cortés, gaña o premio da “mellor tortilla caseira 2022”. Galería de imaxes.

432

Jorge Río Cortés é o autor da “mellor tortilla caseira” de Betanzos. Esta mañá resultou ser o gañador do concurso que, dentro da Semana da Tortilla, organizou o Concello a particulares. Unha edición, a primeira, na que participaron 17 persoas, 9 homes e 8 mulleres, que ás 12:00 horas presentáronlle as súas tortillas a un xurado composto e presidido polo campión de España de Tortilla, Alberto García, do Mesón O Pote; e no que tamén estaba representantes de José Soto da Reserva da Biosfera As Mariñas-Betanzos e Claudia Marques de Acebe.

Jorge Ríos conseguiu 10,6 puntos sobre 15 do xurado, por diante de Xabier Pérez González, con 9,5 e David Teijo Regueiro, con 9 puntos. O xurado destacou que se trataba dunha tortilla moi zumenta, con sabor, que se axustaba ás características propias da de Betanzos.

A alcaldesa María Barral xunto a Jorge Río Cortés, o autor da “Mellor Tortilla Caseira” de Betanzos

A alcaldesa, María Barral, destacou a participación nesta primeira edición, nun concurso que se potenciará e que está segura cada ano contará con máis veciños e veciñas que se animen a participar. Así empezou o de San Sebastián, con 25 tortillas na súa primeira edición e agora supera as 500. “Nós non aspiramos a tanto (entre risas) mais estou segura de que a edición deste ano naceu para quedar como un evento máis da Semana da Tortilla”, explicou a alcaldesa, que lles deu os parabéns ao tres premiados e ao resto de participantes polo nivel amosado.

O gañador recibiu o premio á “mellor tortilla caseira 2022” ademais dun lote de produtos de aceites Abril e do Concello; do mesmo xeito que o segundo e terceiro clasificado. Ao resto de participantes entregóuselles un delantal conmemorativo da Semana da Tortilla.

 

Xurado composto e presidido polo Campión de España de Tortilla, Alberto García, do Mesón O Pote; e no que tamén estaba representantes de José Soto da Reserva da Biosfera As Mariñas-Betanzos e Claudia Marques de ACEBE

A alcaldesa destacou a colaboración das asociacións que colaboraron no xurado desta edición e, de forma especial, a presenza de Alberto García, que recentemente se proclamou campión de España de tortilla de patacas e que “é un verdadeiro luxo contar coa súa colaboración e presenza neste concurso”.