Bar Galicia imponse como gañador na votación popular da Semana da Tortilla de Betanzos 2020

589

Bar Galicia impúxose como gañador na votación popular da Semana da Tortilla de Betanzos 2020. Este establecemento tamén foi un do cinco finalistas na cata a cegas do xurado profesional, que cabe lembrar, estivo conformado nesta edición por tres cociñeiros profesionais.

O gañador saíu da votación popular realizada nos 19 establecementos participantes. Para exercer o dereito a voto, foi necesario degustar, polo menos, en cinco locais diferentes. Os participantes entraron este ano no sorteo de cinco experiencias gastronómicas para dúas persoas nun dos Restaurantes da Biosfera, certificados no ano 2019 na Marca de Calidade, coa colaboración da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Debora Reyes Doldán, representante do bar Galicia na final da semana da tortilla 2020

Nesta edición, o xurado profesional, encabezado polo cociñeiro Estrela Michelín Luís Veira, de Árbore da Veira, xunto a Adrián Felipez de Miga e Hünico by Adrián Felipez, do DoubleTree by Hilton A Coruña e Dani López, do Camiño do Inglés, tres cociñeiros que son referencia en Galicia pola súa traxectoria profesional e que foron os encargados de escoller a mellor tortilla, que resultou ser para Restaurante Sinuessa.