Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar sete actividades formativas.
Do 2 ao 5 de novembro comezamos o curso “Preparación Exame CÓDIX: LibreOffice Base” dirixido a persoas con coñecementos avanzados no paquete ofimático, interesadas en presentarse ao exame. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 12:00 h por videoconferencia.
Do 2 ó 5 de novembro comezamos cun curso de capacitación dixital “Iniciación á informática” dirixido a persoas sen coñecementos previos e con interese en iniciarse no uso do ordenador. Esta actividade levarase a cabo en horario de 16:00 h a 17:00 h.
O 11 de novembro realizarase o “Exame para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (CÓDIX)”. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 13:00 h.
O 12 de novembro celebrarase o “Exame para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (CÓDIX)”. Esta actividade levarase a cabo en horario de 16:00 h a 19:00 h.
Do 16 ao 19 de novembro será a quenda do obradoiro “Introdución a WordPress”.Dirixido á poboación en xeral con coñecementos avanzados de informática e internet. En horario de 10:00 h a 12:00 h por videoconferencia.
Do 23 ao 26 de novembro será a quenda do obradoiro “Implementación de tendas con WordPress”. Dirixido á poboación en xeral con coñecementos avanzados de informática e internet. En horario de 10:00 h a 12:00 h por videoconferencia.
Do 23 ao 26 de novembro terá lugar o curso “LibreOffice Writer” dirixido á poboación en xeral con coñecementos básicos de informática. En horario de 16:00 h a 17:00 h.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na R/ Emilio Romay, n.º 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 981 770 011 (ext 2401), ou enviar un correo electrónico ao enderezo: [email protected]